A Orde do camiño de Santiago realiza unha xornada en Ourense

O pasado domingo a Orde do Camiño de Santiago celebrou unha xornada na cidade de Ourense realizando unha peregrinación polo Camiño Vía da Prata- Camiño Mozárabe na cidade, que partiu do Palacio Episcopal e finalizou na Catedral.
Estivo presente o Arcebispo de Ciudad de Panamá acompañado doutras personalidades civís e eclesiásticas. Tamén participou o Presidente da Pastoral de Turismo da Conferencia Episcopal Española xunto cos Bispos de Pasto (Colombia) e Mar de Prata (Arxentina), o representante do Vaticano e representantes da Igrexa de Italia, México e España, xunto con persoas chegadas deses países .
O Bispo de Ourense xunto cos Directivos da Orde actuaron de anfitrións, participando nunha celebración na Santa Iglesia Catedral con misa concelebrada dedicada ao Apóstolo e vista posterior ao Pórtico do Paraíso, Capela do Santo Cristo e Museo Catedralicio.
Finalizou a xornada cunha degustación de produtos típicos de Galicia das zonas por onde discorre o Camiño de Vía da Prata.


A próxima actividade da Orde terá lugar na Estación de Vilavella, A Mezquita (Ourense), dentro do proxecto “Coñece vos Camiños”

AVANTAR ACTIVIDADES