Ourense, 7 de outubro de 2026.- O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao recinto feiral de Expourense para saudar aos participantes no evento Funtastik- No Limits, que se está a desenvolver ata o 12 de outubro co patrocíneo da Xunta e da Deputación Provincial, e que conta cunha significativa asistencia de visitantes sobre todo do eido educativo.

















