Actos polo Día Internacional das Mulleres

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

UNHA OBRA DE TEATRO, UNHA ANDAINA SOLIDARIA, UN ACTO INSTITUCIONAL, UN OBRADOIRO DE CONTACONTOS E A ENTREGA DE LIBROS AOS CENTROS EDUCATIVOS PROTAGONIZAN O PROGRAMA DO CONCELLO POLA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES, O 8 DE MARZO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O programa de actos con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, que organiza a área de Igualdade do concello do Carballiño, comezará este sábado, 7 de marzo, coa representación no auditorio municipal, ás 20,00 h., da obra teatral “Bernarda”, da compañía Malasombra, que conta con cinco nominacións dos Premios María Casares deste ano, e que ten lugar en colaboración coa concellería de Cultura dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios (Agadic).

Os actos foron presentados esta mañá pola concelleira de Igualdade, Guadalupe Sobrado, que resaltou ademais a organización da IX Andaina “O Carballiño camiña cara á Igualdade”, que terá lugar o domingo, 8 de marzo, e que sairá da Praza Maior ás 10,00 h. As inscricións permanecen abertas ata o xoves e poden facerse na área de Servizos Sociais, no teléfono 988 531076 ou no correo electrónico cim@carballino.gal. A inscrición é gratuita pero haberá unha hucha para realizar donativos que irán íntegramente a Cáritas.

Asimesmo, o luns, 9 de marzo, ás 12,00 h., no salón de plenos do concello celebrarase un acto institucional presentado pola profesora do IES Chamoso Lamas e integrante do grupo de teatro Dar Trela, Clara Vázquez, ao que asistirán os centros educativos e asociacións, e no que se lerá una manifesto pola igualdade, e se interpretará un tema pola profesora do Conservatorio de Música Celia Salceda e Alba González.

O 15 de marzo, dentro do programa Apego, terá lugar no salón de plenos do concello unha sesión de contocontos co tema “Ernestina Otero: Semente de Igualdade, semente de Liberdade”.   

E, finalmente, en colaboración coa área municipal de Educación e do Servizo de Normalización Lingüística, entregaranse aos centros educativos da vila uns lotes de libros da colección Mulleres Galegas, composta por cinco publicacións sobre cinco mulleres destacadas en diversos campos do saber, co obxectivo de que os profesores e profesoras realicen actividades encol destas obras.