A Federación Galega de Remo e o Club Náutico Castrelo de Miño organizan mañá, 19 de marzo, a primeira edición do Campionato Xunta de Galicia de Traiñeiras de Longa Distancia, un formato dobremente novedoso, xa que estas embarcacións farán un percorrido longo e ademais a competición disputarase en agua doce, no propio encoro do río Miño.
As mellores traiñeiras galegas terán que percorrer unha distancia de 7 km para as categorías absolutas e 5 km para as veteranas, nun circuíto de ida e volta cunha única ciaboga para dirimir cales serán as primeiras tripulacións campioas galegas de longa distancia.
O sistema de competición é contrarreloxo, con saídas de minuto en minuto a partir das 11,00 horas, e coa seguinte orde por categorías, 1º Veterano Feminino, 2º Veterano Mixto, 3º Veterano Masculino, 4º Absoluto Feminino e 5º Absoluto Masculino.
Este campionato seguro que ofrece imaxes tan espectaculares como inéditas ao tratarse da primeira competición oficial de traiñeiras en Castrelo de Miño e espérase unha participación de entre 40 e 50 traiñeiras polo que serán máis de medio milleiro os remeiros que se darán cita no Parque Náutico de Galicia.
O evento conta coa colaboración e apoio da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o propio Concello de Castrelo de Miño.









