O prazo de inscrición para o Día da Bici está aberto ata mañá venres ás 22:00 horas

O Carballiño celebrará o próximo domingo, día 16 de outubro, unha das súas citas tradicionais: o Día da Bici, unha cita en familia. Dende o concello do Carballiño recordan que será un día para desfrutar, e non con carácter competitivo.

Todas as persoas que desexen participar poden inscribirse ata mañá venres ás 22:00 horas, na páxina do Concello do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

A saída está prevista para ás 11.30 horas do domingo, dende a praza da Veracruz, e a organización ten preparado un trazado de 8 quilómetros que permitirá aos participantes percorrer diferentes lugares da vila.

Entre outras iniciativas, está prevista a entrega de agasallos para os máis pequenos, como dous cascos, unha bici, vales de compra ou lotes de produtos.