Ribadavia baixa ata os 9 casos e Castrelo sobe un ata os 17 contaxios

No Ribeiro, Ribadavia segue baixando de xeito paulatino. Hoxe hai 9 casos activos na capital da comarca.  Castrelo de Miño suma hoxe un caso, para un total de 17, e é o concello que mais preocupa nesa comarca. Neste caso atópanse contaxiados case a totalidade dos residentes da vivenda comunitaria do concello, ademais dos traballadores. Dende a oposición piden ó concello explicacións para coñecer se se seguiron todos os protocolos sanitarios e ademais farán estas preguntas tamén no Parlamento Galego.

O subcomité clínico reunirase este venres para avaliar a evolución da pandemia en Galicia. O xerente da área sanitaria asegura que a tendencia da provincia é de mellora en xeral. A evolución fai pensar que nos próximos días puidese abrir o perímetro en Ribadavia, e noutras áreas na provincia. Agora mesmo, Ribadavia xa pode abrir a hostalaría ata as 17:00 horas e permite a reunión de ata catro persoas non conviventes nestes locais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Mentres tanto, unha das cousas que sí se poderá celebrar será a feira quincenal, que volverá mañá, día 10 de decembro. Dende o concello anuncian que a celebración do mercado local nada ten que ver con esa restrición de mobilidade e que ambas son compatibles.