Contacontos e cine serán as actividades culturais para a noite de san Xoán no concello de Ribadavia

O próximo martes, 23 de xuño será a “Noite de San Xóan”, ata o día 1 de xullo están prohibidas as celebracións de eventos populares, nestes momentos estámonos adaptando a nova normalidade, e por iso mesmo queremos empezar a ir realizando actividades culturais para dinamizar a nosa vila e pouco a pouco achegarnos a normalidade con sentidiño.

Esta “Noite de San Xoán” será un pouco distinta a de anos anteriores, xa que non haberá fogueira pero teremos un par de actividades culturais: “A Corva”, un contacontos da man de Cristina Collazo para os máis pequen@s ás 20:00h na Alameda e a estrea da película de “Maria Solinha” de Ignacio Vilar ás 23:00h no Auditorio Rubén Garcia do Castelo.

Ambas actividades serán de “Aforo Limitado” e cumprindo as novas normas de sanidade, polo cal para poder acudir deberanse retirar na Casa da Cultura unha entrada-invitación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ata o martes 23 estarán a vosa disposicion, ata esgotar existencias de 9:00h ás 14:30h.

As dúas actividades serán de Balde pero con invitación‼