‘Memoria da Castela Galega’ promove este domingo unha lectura de textos de Begoña Caamaño na Praza Maior

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Asociación Memoria da Castela Galega vén de convocar ás asociacións e persoas a título individual a participar na lectura de textos de Begoña Caamaño, que realizarán o vindeiro domingo, dia 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 20,00 horas, na Praza Maior do Carballiño. O acto consistirá en lectura de textos de Begoña Caamaño, así como da lectura do manifesto “Queremos Galego”, cunha actuación musical, de xeito que cada persoa ou colectivo pode ler o texto que co que máis se sinta representado ou “escollelo ao chou”.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende este colectivo pensan que “o 17 de maio, Día das Letras Galegas, é o día especial para manifestar desde todos os ámbitos o noso apoio a revitalización do galego e a solicitar das administración públicas que teñan unha acción máis activa na promoción e defensa do idioma galego. Nós,  como multitude de colectivos e persoas, queremos galego”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Engaden que “Begoña Caamaño, sí tiña un compromiso práctico e franco co idioma galego, defendeuno e participou en todo tipo de actos encamiñados á súa promoción, revitalización e uso diario nas  actividades das administracións. Foi activa contra a manipulación informativa nos meios de comunicación públicos, feminista, antimilitarista, defensora dunha Galiza de seu, a súa actividade social e compromiso por mudar e mellorar as cousas foi un constante facer. É exemplo como moitas outras persoas, que serven de modelo para superar a pasividade e apañar un compromiso social en calquera ámbito da vida para mellorar as cousas. Xa que non podemos aceptar que este mundo é o mellor posíbel”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------