O Irixo acolle a 115 vehículos na segunda Xuntanza de Clásicos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A segunda edición da xuntanza de coches clásicos do Irixo celebrouse este pasado sábado e foi todo un éxito. Dende a organización anunciaban un récord de participación, con 115 vehículos inscritos e máis de 200 persoas que non quixeron perderse este día. A choiva anunciada tamén fixo presencia, aínda que deu pequenas treguas durante o transcurso do día. Foi unha xornada completa de desfrute para os amantes do motor clásico, con dúas rutas, xantar, premios e agasallos.

Dende a organización están moi satisfeito con como creceu esta xuntanza neste segundo ano, e seguirán traballando por un evento que nace pola súa paixón no mundo do motor. Tamén buscan darlle un pulo ao Irixo, apostando por eventos que reúnan xente. Agradecen o apoio recibido tanto na xornada do sábado como durante todos os preparativos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO