A Deputación colabora coa celebración da XII edición das Xornadas Romasanta

IES CHAMOSO LAMAS

O 29 e o 30 de outubro celebrarase en Ourense a XII edición  das Xornadas Romasanta, a iniciativa da Fundación Vicente Risco arredor da figura do mítico Romasanta que conta coa colaboración da Deputación de Ourense. 

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá no Teatro Principal na presentación do evento acompañado pola presidenta do Padroado da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira; a directora do Teatro Principal, Olga Mojón; e o edil de Educación e Comercio do Concello de Ourense, Antonio Fernández. 

OZOCOgz Deseño Galego

César Fernández destacou a calidade da programación dun evento que está “plenamente consolidado” no calendario cultural da provincia e que “é outra boa mostra do excelente traballo da Fundación Vicente Risco”. O vicepresidente reivindicou a “máxima implicación” da Deputación coa promoción cultural, como “un importante eixo dinamizador do noso territorio”. 

O sábado 29 de outubro, as Xornadas Romasanta arrancarán ao mediodía no Prazo do Ferro,  o Cegho de Matamá e Aldariña de Candeán representarán o espectáculo “Cantigas e Romances”. Pola tarde, o ás 20,00 horas, Teatro Principal acollerá a obra “Malnacido”, protagonizada por Fernando Caride coa dirección de Joaquín Lisón e texto de Paco López Mengual. 

Para o domingo 30 de outubro, a partir das 12,00 horas, o Liceo de Ourense acollerá un obradoiro de conto tradicional para webserie. A entrada para todos os eventos das xornadas é gratuíta.