Este sábado comeza o Círculo Galego de Teatro Amador no Carballiño

No próximo mes de outubro, o grupo de teatro Tiruleque do Carballiño traerá de novo a este municipio o Circuíto Galego de Teatro Amador, contando ca colaboración da Federación Galega de Teatro Afeccionado e da Xunta de Galicia.

Todas as obras serán no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20:30 horas, cun custo de tres euros por entrada.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este sábado, día 2 de outubro comezarán co Grupo de Teatro Escoitade, ca obra “Dominó celeste, ou que vai ser de ti, Ernesto”.

A próxima semana, o sábado día 9, será a quenda do grupo Tequerreté, ca obra “Confinados”, facendo unha comedia das situacións vividas neste ano de pandemia.

A terceira obra será a de Tiruleque, o domingo día 10, ca súa obra “A Farsa de Maitre Pathelin” sarcástica e anónima obra francesa do século XV.

E rematará este circuíto o grupo vigués Fauna 113, o sábado día 16, ca obra dramática “A última cea”.