A Deputación colaborará con Paderne de Allariz en novos proxectos da seguridade vial

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con José Manuel Fernández Gómez (Alcalde do Concello de Paderne de Allariz).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha reunión “moi positiva”, segundo valorou o presidente do goberno provincial, que garantiu o respaldo da Deputación a dous proxectos propostos polo rexedor: un proxecto de alcantarillado e construción dunha senda peonil en San Lourenzo e a recuperación de mananciais en San Xes. 

“Estas dúas iniciativas definen o espírito de colaboración definitorio da nosa folla de ruta: atender as necesidades dos veciños en cuestións tan transcendentais e que marcan o noso día a día coma a seguridade vial ou garantir o abastecemento de auga”, remarcou Manuel Baltar, que quixo recoñecer o “excelente traballo de José Manuel Fernández, perfecto coñecedor da realidade de Paderne de Allariz e sempre disposto a propoñer, artellar e culminar novas vías de colaboración coa Deputación, o mellor aliado dos 92 concellos da provincia de Ourense”.