O’Potiños reúne por primera vez nun local varias exposicións, que abren ó público as fins de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A asociación fotográfica O’Potiños inaugurou a pasada semana unha nova edición do evento “Arenteiro Fotográfico”. Esta mostra consta de once exposicións colectivas e individuais complementadas con charlas, coloquios e obradoiros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Como gran novidade, este ano a maioría das exposicións poderán verse nun local céntrico no Carballiño, local que os propietarios cederon para acoller estas mostras. Este local estará aberto as fins de semanas, para permitir o acceso ás exposicións que pola
súa ubicación non podían ser vistas neses días polos horarios de apertura. Esta mesma fin de semana, segundo Manuel Blanco, presidente sa asociación, pasaron xa máis de 500 persoas.

Tamén nos falou algo máis sobre a primeira exposición da sala, do autor madrileño José Miguel Martín, realizada en branco e negro, e a segunda, dun fotógrafo arxentino, Marcelo Caballero, e que ratifican as gañas de participar nesta mostra de xente de fora.