Comunicado do Bng de Castrelo de Miño

IES CHAMOSO LAMAS

O ILEXÍTIMO GOBERNO DE CASTRELO DE MIÑO CONTINÚA COA MALA XESTIÓN NO
ABASTECEMENTO DE AUGA POTÁBEL

Unha vez máis, na parroquia de Santa María están a padecer a mala
xestión do ilexítimo goberno que temos en Castrelo de Miño. Por segunda
vez consecutiva non teñen auga potábel para consumo humano por mor
dos niveis de arsénico.
A instalación que fixo a deputación provincial en maio do 2020, esixe
unha revisión continua para que os filtros de arsénico non se saturen.
Mantemento que ao parecer, non se lle fai dende o concello. O ilexítimo
minte cando di que é por defectos na instalación. De feito, xa dixo en
agosto que se solucionaran os problemas da instalacións e agora… volven
os problemas na instalación??
Para máis inri, as garrafas de auga que o concello pon a disposición da
veciñanza, hai que recollelas na casa do concello, pero parte da
veciñanza son maiores de 70 anos, e algúns deles non posúen vehículo
para ir a buscalas.
Dado que o Sr. Pazos desmantelou o servizo do Castrelo Bus, e que acaba
de mercar un vehículo ECO por valor de 40 mil euros, (Que o grupo
nacionalista non ten coñecemento de onde está) que algún concelleiro do
PP, dos tránsfugas ou o ilexítimo mesmo, lles acerque as garrafas de auga
a eses veciños con dificultades para ir a buscalas.

HIPER MASIDE


VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO