En Punxín enlace directo coa AG-53

PUNXÍN SOLICITARÁ UN ENLACE DIRECTO COA AG-53 A INSTANCIAS DO
PARTIDO SOCIALISTA

A proposta socialista contou co voto a favor de todos os grupos, excepto o edil
de Cs, para o que “esta obra non é impresdindible”.
Asimesmo, aprobouse por unanimidade unha moción das Concelleiras
Socialistas para a realización do mantemento do Centro de Saúde.
No pleno celebrado este mediodía en Punxín, aprobouse cos votos a favor de
todos os grupos, excepto Ciudadanos, “solicitar á Xunta de Galicia a proxectar e dotar
do orzamento preciso, a execución dun enlace de comunicación do Concello de Punxín
coa autoestrada AG-53”, a instancias do Partido Socialista.
As concelleiras socialistas amosaban a súa satisfacción ante esta aprobación,
xa que segundo a voceira, Lorena Peleteiro “este enlace supón unha obra vital para o
desenrolo e o futuro de Punxín”.
Ademais, outra proposta socialista aprobada, é a relativa ó mantemento do
Centro de Saúde de Punxín. “Dende fai anos que non se fai ningún tipo de mantemento
nesta instalación e a situación na que se atopa non é a mellor, polo que esperamos que
o Grupo de Goberno proceda a realizar as xestións para executar estes traballos o antes
posible”, afirma Peleteiro.
Pola contra, dende o partido socialista lamentan que Partido Popular e Cs
impediran a aprobación da moción en defensa da sanidade pública.

AVANTAR ACTIVIDADES