Alfonso Rueda aposta por Manuel Cabezas para “devolver o orgullo a Ourense e volver poñer a cidade á altura dos seus cidadáns”

Manuel Baltar: “Manuel Cabezas é un candidato que sabe gobernar, que é unha referencia incuestionable da xestión municipal e que ten ganas de dicir adeus á inoperancia e abrir unha nova etapa con cabeza”

Manuel Cabezas: “A cidadanía de Ourense será este domingo un xurado popular que ditará unha sentencia electoral, apartando da política a quen a está usando no seu beneficio persoal, saqueando o futuro de todos”

AVANTAR ACTIVIDADES
  • Alfonso Rueda contrapuxo a campaña “centrada en propostas e proxectos” de Manuel Cabezas fronte ás provocacións, as descualificacións, os personalismos e as discusión estériles: “Apostar polo diálogo e o entendemento é sempre o camiño correcto”
  • “Manuel está facendo unha campaña baseada na política da unión, da xestión, da normalidade e da educación”, engadiu ao tempo que agradecía ao candidato que decidise volver de despois de telo demostrado todo e poñía en valor que tanto el como a cidade de Ourense aínda teñen moito máis por dar de si
  • O líder dos populares asegurou que este 28 de maio os ourensáns só teñen dúas opcións: “Ou continuar como ata o de agora, sen xestión, sentíndose avergoñados e inmersos en ríos revoltos; ou empezar o cambio con xente capaz de lideralo desde o sentidiño e a unidade”
  • “Ourense ten que deixar de ser un anecdotario que chama a atención por cousas que nunca son boas e dar paso a falar de cousas serias”, engadiu
  • Alfonso Rueda insistiu na necesidade de superar a división e elevar o nivel político de Ourense á altura dos seus cidadáns, asegurando que isto so é posible con Manuel Cabezas
  • Animou ao candidato a recuperar a estabilidade que, cando se perdeu, supuxo o comezo de moitas outras cousas que hai que deixar atrás, como a parálise, a desesperanza ou a perda de oportunidades
  • “Manuel Cabezas é a esperanza para todas as persoas que están cansas da crispación e do espectáculo. É a esperanza de recuperar en Ourense a política da xestión, da calma, da serenidade, da firmeza e da experiencia”, explicou
  • O líder dos populares galegos fixo un chamamento á unión do voto en torno á candidatura de Cabezas porque “dividir os votos non vai servir para cambiar de alcalde” e sobre todo porque é o momento de corresponder a “unha persoa que merece ser alcalde de Ourense porque os ourensáns o necesitan”

MANUEL BALTAR: “HAI QUE POÑER REMEDIO A OURENSE CO MELLOR ALCALDE DA SÚA HISTORIA”

  • O presidente provincial reivindicou que todos os presentes no pavillón dos Remedios déronse cita hoxe aquí “para poñer remedio a Ourense” con Manuel Cabezas como alcalde
  • “O domingo, cando se abran as urnas, estarán cheas de votos para referendar a vitoria do que é o mellor alcalde da historia de Ourense, o único dos candidatos que se presentan que sabe o que é gañar as eleccións. Fíxoo tres veces con maioría absoluta e volverá facelo”, sinalou
  • Baltar definiu como “formidable” ao equipo que acompaña a Manuel Cabezas, remarcando que todos eles están preparados para gobernar desde o minuto un: “A partir da constitución da nova Corporación, todos os integrantes desta candidatura saben das súas responsabilidades e están preparados para reactivar Ourense”
  • “Este é un candidato gañador, unha candidatura gañadora e un proxecto gañador. Un partido gañador que obtén elección tras elección os mellores resultados de toda España e o volverá demostrar o 28 de maio”, afirmou
  • O líder dos populares ourensáns pediu a confianza dos cidadáns para “devolverlla con traballo” e remarcou a aposta por “un candidato que sabe gobernar, que é unha referencia incuestionable da xestión municipal e que lidera unha candidatura formidable, con ganas de facer unha Ourense máis grande, con gañas de dicir adeus á inoperancia e con ganas de abrir unha nova etapa con cabeza”
  • Baltar concluíu explicado que este domingo o voto vale dobre porque con el tamén se acadará a maioría absoluta na Deputación, poñendo en valor “un goberno provincial con débeda cero, líder en transparencia, que aproba os seus orzamentos antes que ninguén e que está preparado para seguir construíndo Ourense”

MANUEL CABEZAS: “TEMOS QUE DARLLE UN VOTO Á DECENCIA”

  • O candidato popular sinalou que con Feijóo e Rueda á fronte do Goberno de España e da Xunta de Galicia, respectivamente, “acadaremos a segunda transformación que Ourense merece”
  • Cabezas lembrou o traballo realizado na primeira transformación –entre 1995 e 2007– “cun equipo magnífico de persoas sen as que sería imposible acadar o que acadamos” e agradeceu ao Grupo Municipal que intentaran “poñer cordura no Concello” nos últimos catro anos
  • Agradeceu tamén a masiva asistencia ao mitin central dos populares nos Remedi e especialmente ás persoas con necesidades especiais e aos diferentes colectivos presentes no mesmo
  • Manuel Cabezas fixo un paralelismo entre o actual Goberno de España e o actual Goberno Municipal: “As marcas España e Ourense estanse a destruír co peor presidente da historia e o peor alcalde”
  • Por iso sinalou que as eleccións municipais e as eleccións xerais son as máis importantes dos últimos tempos: “É básico reivindicar a xestión honesta, responsable, adulta, seria e con cordura. Iso é o que sabemos facer no PP e iso é o que lle imos devolver a España e a Ourense”
  • “En Ourense sabíamos o que estaba a pasar. Pero é máis doado enganar á xente que facerlle ver que foron enganados. A baixeza, a inmoral, o saqueo… Iso non é a política. Iso é miserable. Nunca insultarei a ninguén, pero pedín a dimisión de alguén e a inmediata paralización dos expedientes de contratación no Concello, ampliando a nosa denuncia e pedíndolle ao Consello de Contas que interveña. En Ourense non podemos continuar estando en boca de todos”, explicou
  • Quixo facer referencia tamén ás continuas críticas do PSOE por pasados pactos na cidade: “O PSOE critica ao PP dicindo que foi o PP o que puxo a este alcalde. É certo, pero si non fora o PP, teríao posto o PSOE”
  • “Os meus compañeiros daquel Grupo Municipal fixeron un grande esforzo por darlle cordura ao Concello e é algo que hai que agradecerlles. Mais se hoxe temos o alcalde que temos, foi porque o PSOE non quixo aceptar o noso ofrecemento de apoiarlles a súa moción de censura.Se temos o que temos, é porque o PSOE non se quixo poñer de acordo para liderar esa moción de censura”, engadiu
  • Manuel Cabezas finalizou proclamando que “o PP ten o respecto e velar polos intereses dos cidadáns como bandeira” e que por iso vai en contra da indecencia: “Temos que darlle un voto á decencia e só o voto á candidatura do PP garante maiorías absolutas como as que obtivemos entre 1995 e 2007”
  • “A cidadanía de Ourense será este domingo un xurado popular que ditará unha sentencia electoral, apartando da política a quen a está usando no seu beneficio persoal, saqueando o futuro de todos”, concluíu