A Deputación de Ourense aproba a concesión de 100.000 euros para a nova residencia de Aspadisi

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina Fuentes (Secretario Deputación Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno da Deputación, reunida esta maña no Pazo Provincial baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de 710.310,45 euros en axudas con destino a 24 proxectos de servizos públicos, infraestruturas e cuestións sociais e culturais deseñadas e propostas por concellos e entidades da provincia de Ourense.

A cooperación coas entidades locais é o capítulo que reúne a maior contía das achegas, con 532.172,45 euros para 14 proxectos municipais. En detalle, a Xunta de Goberno deu luz verde a unha subvención de 20.000 euros a favor do Concello de Bande para a compra do material necesario para acometer varias reparacións; unha subvención de 34.000 euros para o Concello de Bande destinada a servizos técnicos e iniciativas municipais; unha partida de 20.000 euros para o Concello de Cualedro que irá ao cofinanciamento de proxectos compartidos coa Consellería de Medio Rural; unha achega de 33.390,45 euros a favor do Concello de Gomesende para executar o arranxo da fonte de O Casal de Poulo; e unha subvención de 10.000 euros a favor do Concello de Lobios destinada a unha marquesiña e a compra de subministros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais, a Xunta de Goberno desta mañá tamén aprobou no eido da colaboración municipal unha achega de 16.545 euros a favor do Concello de Lobios para a realización do anteproxecto dunha área recreativa; unha partida de 48.000 euros a favor do Concello de Monterrei para abastecemento e saneamento en Medeiros; unha achega de 48.000 euros a favor do Concello de Nogueira de Ramuín destinados á creación e a mellora de parques infantís nos núcleos rurais de San Miguel do Campo e Luíntra; unha subvención de 50.000 euros a favor do Concello de Piñor destinada a un proxecto medioambiental municipal; unha subvención de 40.000 euros a favor do Concello de Piñor para executar obras nun edificio municipal; unha subvención de 80.000 para o Concello de Rairiz de Veiga destinada á cofinanciación dun proxecto compartido co Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE); unha achega de 12.000 euros para o Concello de Riós destinada a sufragar os gastos de funcionamento do Centro de Día municipal; unha achega de 30.237 euros a favor do Concello de San Cristovo de Cea para as obras da pista de pádel no Lodairo; e o Concello da Veiga recibirá unha subvención de 90.000 euros para a nave do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES). 

Polo que se refire á colaboración co tecido asociativo ourensá, a Xunta de Goberno presidida por Manuel Baltar concedeu esta mañá 178.138 euros para 7 entidades. En concreto, deu luz verde a unha subvención de 8.000 euros a favor da Asociación Celanova Chea para gastos de funcionamento e o deseño de campañas turísticas comerciais; a Asociación Protectora de Animais Arume recibirá unha achega de 10.000 euros para gastos de funcionamento; unha subvención de 14.000 euros a favor da Fundación ADO Moure para actividades; unha subvención de 3.500 euros para a Asociación Banda de Música Municipal de Cartelle destinada á adquisición de instrumentos; unha subvención de 25.000 euros a favor da Asociación Olivarnoia para a instalación dunha almazara e prantar olivos en fincas en estado de abandono; unha achega de 100.000 euros a favor da Asociación de familias con personas con discapacidad psíquica de O Carballiño (ASPADISI) para a ampliación do edificio que será usado como residencia e centro ocupacional no Carballiño; ademais  dunha subvención de 17.638 euros para a Asociación de Pais e Nais de Alumnos do Conservatorio de Verín destinada a mercar instrumentos musicais e equipamento informático.