Así viviu o C.D. Arenteiro o sorteo da Copa do Rei, no que saíron emparellados co Almería

Esta mañá, dende as 12:30 horas, daba comezo o sorteo da Copa do Rei. Tres equipos da provincia, o Ourense, o Barbadás e o Arenteiro esperaban con ansia coñecer o seu destino nesa primeira xornada clasificatoria da competición nacional.

Os verdes reuníronse para ver este sorteo no ApartHotel Arenteiro, acompañados polo seu corpo técnico, mentres o seu presidente asistía á xornada en Madrid. A sorte, neste caso, fixo que sexa o Almería, equipo de primeira división, quen veña xogar ó Carballiño. O encontro será previsiblemente na fin de semana do 12-13 de novembro.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Arenteiro está no seu mellor momento, invicto en Liga e ademais esta semana celebrando que están como líderes da táboa. Un equipo que para Fran Justo, o seu adestrador, está preparado para todo.