O C.D. Arenteiro anima ós socios a viaxar a Alzira para a final da Copa Federación

Xa temos día e hora para a Gran Final da Copa Federación da fase Nacional. O encontro será o día 2 de novembro, o próximo mércores, as 19:30h.

Dende C.D. Arenteiro poñen a disposición dos socios e socias a posibilidade de viaxar a Alzira con entrada incluída polo prezo de 30€ nun autobús que sairá ás 12 da noite do martes ao mércores con chegada prevista a Alzira ao mediodía do mércores, día de partido e con regreso á finalización do encontro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para acudir, teñen que pasar polas oficinas de autocares Rodríguez en Conde Vallellano n°26 e recoller o voso ticket de viaxe presentando o carné de socio.