o BNG denuncia a situación do transporte público no noso concello e comarca. A práctica ausencia de conexións ferroviarias por tren con Ourense e Vigo que impiden aproveitar os descontos no uso do tren malia contarmos con liña e estación ferroviaria, súmanse unha serie de carencias no transporte por autobús:
- o estudantado que se despraza a Ourense, para chegar á primeira clase no seu instituto, centro de FP ou facultade teña como única opción de transporte público un bus ás 7:15 da mañá. Ademais, tampouco hai ningún bus a Ourense entre as 11:30 e as 15:30, un enorme lapso de tempo sen servizo nas horas centrais da xornada- a esa hora a estación está pechada, polo que chova ou faga frío teñen que agardar na rúa- eles non se poden acoller aos maiores descontos do transporte público que hoxe están vixentes, xa que non se desprazan en tren (ata 100% de rebaixa) nin estamos no eixo atlántico galego, onde se ofrecen descontos nos billetes de bus de ate o 95%Ser unha persoa xove e vivir no Ribeiro non debería ser unha heroicidade, debería ter recoñecemento e incentivos.
- A posta en prácticas das liñas de bus baixo demanda supùxeron na realidade que os buses de liuña regular que unían a vila de Ribadavia coas localidades da comarca, desapareceran na práctica
Por todo elo, presentamos unha moción para o seu debate neste pleno municipal do mes de outubro esixindo ás distintas administracións competentes unha serie de actuacións sobre este problema que castiga novamente a quen vive nas comarcas rurais.
MOCIÓN POLA ADAPTACIÓN DOS SERVIZOS DE TRANSPORTE PÚBLICO ÁS NECESIDADES DA NOSA CIDADANÍA
A crise enerxética e de prezos está a por de manifesto a importancia do transporte público para reducir o gasto enerxético, así como a conxestión e a sinistralidade do tráfico por estrada, e porque axuda aos colectivos máis desfavorecidos da nosa sociedade a realizar os seus desprazamentos cotiáns.
Sen embargo, a prestación destes servizos adoece no caso de Ribadavia, punto central dos transportes públicos para a comarca do Ribeiro, dunha serie de problemas que dificultan o seu uso.
A apertura e atención ao público nas estacións de ferrocarril e de autobús non cubre axeitadamente as necesidades. No caso dos buses atópase pechada en momentos entre os que hai máis afluencia de pasaxeiros: a primeira hora da mañá e ao serán. No caso do tren xa non hai atención persoal.
En canto aos horarios, se ben existen varios servizos de autobús diarios cara Ourense e Vigo, non se cubre a demanda entre as 7:15 e as 8:30 e entre as 11:30 e as 15:30 para ir de Ribadavia a Ourense.
Asemade, os servizos de tren de proximidade son inexistentes na práctica, pois hoxe só ten parada en Ribadavia un tren da liña de rexionais entre Ourense e Vigo, e se alguén se despraza de Ribadavia a Ourense xa non ten tren en que regresar a Ribadavia ate o día seguinte.
Por elo, se queremos incentivar e facilitar o uso do transporte público e que a nosa poboación se beneficie o máximo posible dos descontos que se ofrecen polo seu uso débese actuar perante estas problemáticas.
Por estes motivos propomos ao Pleno do Concello de Ribadavia a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1. Demandar da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a ampliación do horario de apertura da estación de buses de Ribadavia, de xeito que as persoas usuarias poidan atopala aberta cando menos entre as 7:00 e as 20:00 horas.
2. Demandar da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o establecemento de máis servizos de autobús nas franxas horarias da mañá e o mediodía para facilitar o traslado da nosa veciñanza aos centros de estudos, centros sanitarios ou sedes administrativas.
3. Demandar da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que se igualen os descontos máximos ofrecidos ás persoas que viaxan en bus en todo o territorio galego e que no Eixo Atlántico chegan ao 95% mentres que aquí non pasan do 50%.
4. Demandar ao Ministerio de Transportes a recuperación dos tres servizos diarios (mañá, mediodía e serán) de tren con parada en Ribadavia, que historicamente circularon na liña Ourense-Vigo, así como a atención persoal na estación de ferrocarril de Ribadavia.