Hoxe sábado a partir das 16:30 h a Insua dos Poetas celebra a segunda edición do seu Magosto

IES CHAMOSO LAMAS

VIDEO DA 1ª EDICIÓN do 2021

A Insua dos Poetas celebra a segunda edición do seu Magosto popular o próximo sábado 5 de novembro, nun evento “especialmente adicado aos nenos da comarca do Carballiño e o Ribeiro, e na nosa lingua”, segundo recalca Luis González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas, organizadora do magosto co patrocinio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia e a participación dos concellos do Carballiño, Maside, Boborás e O Irixo. 

OZOCOgz Deseño Galego

“Dado o éxito da primeira edición do Magosto popular na Insua dos Poetas, celebrado en novembro de 2021, a Fundación Insua dos Poetas decidiu organizar unha segunda edición adicada aos nenos para enraizar neles unha tradición galega e especificamente ourensá a través dun formato adecuado aos tempos actuais”, remarca Luis González Tosar sobre esta actividade que acollerá A Esgueva (Madarnás, O Carballiño). 

O Magosto popular da Insua dos Poetas, aberto ao público con entrada libre, contará a partir das 16,30 horas do sábado 5 de novembro cun menú composto por chourizos, castañas asadas, pan, bica e bebidas e unha programación con protagonismo para os xogos infantís e as atraccións ecolóxicas. Estará amenizado por Dj Tibu e a actuación musical de Pele Pau. 

Segundo explican dende a organización, está prevista a instalación dunha carpa ante as posibles inclemencias meteorolóxicas. Os nenos asistentes poderán participar no sorteo de varios lotes de libros e xogos didácticos.