O Psdeg considera que os “furibundos” ataques do PP aos pge 2023 son unha “fuxida” cara adiante

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Ourense considera que as emendas aos Presupostos Xerais do Estado para 2023 presentadas polo Partido Popular da provincia “deixan en evidencia” aos populares, aos que acusan de “abandonar Ourense durante décadas”. Os e as socialistas sinalan que “é inaudito que o PP veña agora reclamando partidas para o AVE ou para autovías que paralizou durante os mandatos de Mariano Rajoy na Moncloa”. O PSOE recoméndalle tamén aos deputados e senadores do PP que rexistren estas emendas da sede do PP, na rúa Génova e non no Congreso dos Deputados, porque “deixan claro que é unha reprobación a toda xestión dos últimos mandatos do PP”.

O deputado por Ourense, Adolfo Pérez Abellás, a deputada, Uxía Tizón, e o senador, Miguel Bautista, afirman que os populares de Ourense “menten descaradamente cando falan de agravio e trato discriminatorio á provincia”. Neste senso, lémbranlles a Celso Delgado e a Ana Belén Vázquez que o borrador de Orzamentos Xerais do Estado para Ourense “son as contas máis sociais da historia”, nas que 6 de cada 10 euros destínanse a fins sociais e que ademais da resposta a demandas históricas en materia de infraestrutura, desbloqueando proxectos que “estiveron anos desleixados e abandonados polo PP”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os e as representantes socialistas nas Cortes Xerais fan un chamamento ao PP para que “deixe de bloquear o futuro de Ourense” e pídenlles que “en lugar de boicotear e criticar sen fundamento, se poñan a traballar por unha provincia que precisa con urxencia dunha discriminación positiva por parte da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense”. Cabe lembrar que a provincia de Ourense ocupa a última posición de todos os ránkings a nivel estatal por mor da “inacción” dos gobernos de Feijóo, Rueda e Baltar, motivo polo que lle piden a Delgado e Vázquez que “en lugar de atacar ao PSOE, fagan presión diante dos seus xefes para que poñan fin ao desleixo co que someten a nosa provincia”

“O PP non quere oír falar dos orzamentos, xa que descobren as súas vergoñas de como xestionarían unha crise, porque como todos e todas sabemos, o seu obxectivo é sempre protexer aos máis poderosos, en lugar das persoas, debilitando o estado de benestar”, apuntan Abellás, Tizón e Bautista, que tamén sinalan que estas contas “deixan en evidencia ao PP de Ourense, que permanecían calados cando o goberno de Rajoy tapiaba os túneles do AVE, impedindo deste xeito a chegada da alta velocidade ferroviaria a nosa provincia”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense consideran que os “furibundos” ataques do PP ao goberno de Sánchez e aos PGE 2023, “non son máis que unha fuxida cara adiante, que busca tapar as vergoñas dos populares”. Cabe destacar que no último pleno da Deputación de Ourense, o Partido Popular, con Manuel Baltar á cabeza cometeu unha “nova aldraxe” á provincia ao manifestarse en contra de que Ourense acolla a sede física da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial ou a Axencia Espacial Española.

Por último, Abellás, Tizón e Bautista, lembran que os PGE 2023 teñen como obxectivo “avanzar na xustiza social e protexer a nosa economía” e fan fincapé en que son unhas contas “pensadas para a clase media e traballadora, para reforzar o noso estado de benestar e consolidar o tecido empresarial da provincia”. Por este motivo, esíxenlle ao PP de Ourense que “abandone a súa política do boicot permanente e que defendan os intereses dos ourensáns e as ourensás para loitar contra a crise demográfica na provincia”.