Ribadavia volve solicitar a mellora do camiño da Barca, entre a Portanova e o Campo da Feira, en pleno corazón da zona monumental.

O proxecto ascende a 76.000 euros e o Concello reitéralle a Deputación  que trate a Ribadavia igual que a outros concellos da provincia.

Outro dos proxectos que se enviaron a Deputación no mes de maio é para a rehabilitación do edificio do antigo Matadoiro, situado na ribeira do Avia entre o convento de San Francisco e a ponte estilo Eiffel do ferrocarril, e ascende a 30.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estes dous proxectos foron elaborados a principios do ano 2022 e enviados á Deputación no mes de maio. A pesar disto, non se teñen en conta no Orzamento 2023, nin nas reiteradas modificacións orzamentarias do exercicio 2022.
Esta semana a Deputación outorgaba financiamento a proxectos semellantes, mentres volvía excluír estes proxectos de Ribadavia.

Ribadavia 7 de novembro.

O Concello reitéralle á Deputación dous proxectos presentados en maio de 2022 para a mellora de espazos públicos de Ribadavia, que a Deputación continúa a excluír nas Xuntas de Goberno e no propio Orzamento 2023.
A pesar de terse presentados con tanta antelación por parte do Concello, memoria técnica, orzamentos, e permisos sectoriais de Patrimonio, a Deputación continúa ignorando estes proxectos mentres fai convenios con outros concellos.

I.- PROXECTO HUMANIZACIÓN CAMIÑO DA BARCA- PORTANOVA.
O Proxecto para humanización do camiño da Barca, por ser unha prolongación dunha das portas que dan acceso o entorno amurallado do castelo de Ribadavia.

Este camiño, a pesar da súa situación tan importante ten un acabado superficial formado por formigón a vista, con zoas parcheadas e numerosas fendas, dispón no seu encontro coa rúa transversal, dúas beirarrúas que coinciden co tramo mais ancho do camiño.
Sendo moi necesario humanizar dito camiño substituíndo o pavimento de formigón existente así como darlle unha forma máis acorde co entorno onde se encontra.

Embelecemento e mellora do entorno do castelo de Ribadavia.
As obras consisten na substitución do pavimento de formigón existente por pavimento de formigón lavado co árido visto, e no centro un pavimento de pedra a modo de canle para a recollida das augas pluviais.

Ademais, anúlanse os contedores de lixo soterrados e fora de uso, que causan moi mala imaxe, deixando no seu ámbito un pavimento de iguales características o existente, eliminando desta zona o estacionamento de vehículos.

O longo desta rúa,  disponse unha nova tubaxe de PVC para a recollida das augas pluviais, a dita tubaxe conectan directamente os desaugadoiros situados na rígola de granito, nas entradas os garaxes dispóñense rexas lonxitudinais que se conectan a dita tubería.

II. – REHABILITACIÓN EDIFICIO ANTIGO MATADOIRO, EN SAN FRANCISCO.
Outro dos proxectos que se enviou a Deputación no mes de maio é para a rehabilitación do edificio do antigo Matadoiro,  situado na ribeira do Avia entre o convento de San Francisco e a ponte estilo Eiffel do ferrocarril.  O proxecto ascende a 30.000 euros e o Concello reitéralle a Deputación que trate a Ribadavia igual que a outros concellos da provincia, xa que esta semana a Deputación outorgaba financiamento a proxectos semellantes, mentres volvía excluír estes proxectos de Ribadavia.

O Concello elaborou en xaneiro de 2022 unha Memoria Valorada coa finalidade de mellorar o edifico do Antigo Matadoiro, acadando unha eliminación do seu actual impacto visual.

O Antigo Matadoiro sitúase na rúa da Foz, na Zona de Protección do Conxunto Histórico de Ribadavia, e no contorno do Convento de San Francisco e da Ponte do Ferrocarril.
A edificación tamén é visible dende o ferrocarril e, especialmente, dende o miradoiro existente na rúa dos Fornos do Casco Histórico e tamén dende a outra marxe do Paseo do Río.
Por todo elo, considerase que se trata dunha edificación con importante grado de visibilidade, polo que resulta necesaria a súa mellora.
Coa mellora deste edificio, ademais de lograr a mellora da contorna tamén obteriamos un novo espazo público de usos múltiples para a veciñanza.