A Deputación lanza a aplicación “VOUContigo”

-11.00 horas: Presentación da aplicación VouContigo.- A deputada Luz Doporto e o director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez, presentan a aplicación VouContigo. Lugar: Sala de prensa do Pazo Provincial.

 A Deputación de Ourense lanza a aplicación gratuíta “VOUContigo”, unha iniciativa deseñada para xerar confianza nos desprazamentos de toda a poboación, con especial foco nas nenas e adolescentes, de modo que poidan comunicar os seus roteiros a grupos de confianza -pais, familiares, amigos…-. 

A deputada de Igualdade, Luz Doporto, e o director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez, presentaron esta mañá a aplicación na sala de prensa do Pazo Provincial. 

AVANTAR ACTIVIDADES

“Oxalá non fixera falta lanzar esta aplicación”, sinalou Doporto, que no marco previo ao 25 de novembro -Día internacional da eliminación da violencia contra a muller- tamén recalcou a necesidade de seguir traballando na concienciación e educación en valores, a través de medidas como o proxecto “Nena e Deporte”, acordado no Debate do estado da provincia da pasada semana e que promoverá a igualdade de de xénero e a prevención da brecha de xénero, utilizando como ferramenta o deporte cun programa online e actividades presenciais dirixidas a centros escolares e clubs deportivos de toda a provincia.

“A app VOUcontigo é un claro exemplo da aposta da Deputación polo uso da tecnoloxía para mellorar a calidade de vida en liña co proxecto ‘Provincia Intelixente”, sinalou pola súa parte Fernando Suárez, que explicou os detalles técnicos dun proxecto apoiado no “dispositivo máis universal nos nosos tempos, o teléfono móbil, e con especial atención á facilidade de uso, de modo que pais e educadores poidan empregar tamén a ferramenta sen necesidade de esforzo de aprendizaxe da mesma”. Buscouse tamén, explica Suárez, “a universalidade de utilización, ao ser unha ferramenta gratuíta e xa estar dispoñible nos dous principais sistemas operativos móbiles: Android e iOS”. 

Modo de uso de “VOUContigo”

Para poder interactuar con “VOUContigo”, basta con instalar a aplicación e darse de alta cun proceso mínimo. A partir dese momento, calquera usuario pode seleccionarnos para notificar os seus desprazamentos con só introducir o noso teléfono móbil ou correo electrónico. 

Pódense crear tantos grupos de confianza como se desexe e incluír a persoas nun ou varios deles, do mesmo xeito que notificar os desprazamentos a máis dun dos grupos creados. 

-11.00 horas: Presentación da aplicación VouContigo.- A deputada Luz Doporto e o director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez, presentan a aplicación VouContigo. Lugar: Sala de prensa do Pazo Provincial.

O usuario que vai a comezar un desprazamento e quere avisar a un grupo de confianza de “VOUContigo”, comezará seleccionando “compartir percorrido” para que a aplicación xeoposicione o seu móbil. Despois, deberá sinalar o seu destino, o medio de transporte que usará e os grupos de confianza aos que quere notificar esta viaxe. A partir deste momento comeza o percorrido, ubicando o mapa compartido do grupo de confianza os puntos polos que vai pasando o usuario  -indicando o seu indicador temporal- ata a chegada ao destino, no que remata o percorrido e con el o aviso ao grupo. 

A aplicación ten moi en conta a privacidade dos usuarios, requirindo os datos mínimos para o rexistro e garantindo que os percorridos se eliminan unha vez pasado un tempo prudencial e que só coñecerán os roteiros aqueles contactos seleccionados para cada unha delas.

O sistema inclúe tamén a funcionalidade de “Botón do pánico”, un botón presente en todo momento e que cunha pulsación prolongada -máis de 3 segundos-, permite o envío dun sinal, unha vez máis aos usuarios seleccionados para esta alternativa.