O Concello de Ribadavia urxe á Deputación a que financie o Saneamento e Subministro da Auga da Groba e As Chabolas.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pleno de outubro aprobou unha Moción de Ribeiro en Común que pedía o financiamento da Deputación para este proxecto, e no cal o vicepresidente da Deputación e portavoz do PP comprometeuse a financialo unha vez chegara a actualización de prezos do Proxecto existente desde 2015.

Agora á Deputación acábanselle as escusas para non financiar un proxecto presentado reiteradas veces por parte do Concello, e que existe desde 2015.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia non pode ser menos que outros municipios nin poden seguir discriminando aos nosos veciños,  e é que esta mesma semana, a Deputación anunciaba axudas para o abastecemento e saneamento dos concellos de Castrelo do Miño e Maceda, polo que non sería entendible que continuarán boicoteando os nosos proxectos, a colaboración con Ribadavia faise obrigada para o ente provincial.

Outro exemplo, mentres a Deputación financia ducias de pozos en Cortegada, en Ribadavia négallos aos veciños, polo que o Concello tivo que financiar, sen ningunha axuda só con recursos propios, un novo pozo para mellorar o subministro de auga nestes 3 núcleos de A Groba, As Chabolas e O Seixo.

Para Brais Fidalgo, portavoz do goberno de Ribadavia, ao PP vánselle acabando as escusas, xa que no Pleno pasado o portavoz do PP, e vicepresidente segundo da Deputación, afirmou que o ente provincial financiaría este proxecto cando o Concello actualizara os prezos do Proxecto. Para Brais Fidalgo esta era unha nova escusa do PP, xa que este proxecto xa existía cando César Fernández era o alcalde, polo que agora o compromiso da Deputación debe ser firme e definitivo para que este proxecto sexa unha realidade.

A actualización supón unha suba do 25%, pasando de 522 mil euros a 655 mil, 133 mil euros máis. Neste sentido, desde o Concello considerase que se debe comezar o antes posible a facer realidade este proxecto. Este documento chegou hoxe ao Concello e hoxe mesmo se lle remitiu á Deputación e á Xunta (Augas de Galicia).

O compromiso das Administracións cos veciños da Groba, As Chabolas e O Seixo debe ser real e definitivo, sen máis demoras nin escusas.

Así mesmo, desde o Concello de Ribadavia tamén se recorda que está presentado o Anteproxecto da mellora do subministro da auga potable de Ribadavia, que foi actualizado en novembro de 2020 o proxecto existente desde 2014, para realizar unha nova captación no río Miño.
É importante sinalar que de terse realizado este proxecto non tería existido a crise da seca vivida en agosto en Ribadavia co colapso do regato Maquiáns.

➡️ Outro dos núcleos con problemas de auga é o de Camporredondo,  no cal o Concello
en 2022 fixo melloras que deben continuar en 2023, e onde a Deputación e Xunta deben cambiar a súa actitude, sumando esforzos co Concello.