Fran Justo despídese do Club Deportivo Arenteiro

Esta xornada de mércores O Carballiño despertaba ca noticia de que o ata o de hoxe adestrador do Club Deportivo Arenteiro, Fran Justo, deixa o equipo para fichar polo C.D. Lugo. Logo destas tres últimas tempadas e de revivir a un Arenteiro que ascendeu ó seu mando, e anota un inicio de tempada de ensoño, deixa as súas filas. Con el, tamén se vai do club o segundo adestrado, Millán.

Directiva e xogadores reuníanse esta mañá nas instalacións da Uceira, onde adoitan adestrar, para despedirse do míster. O propio club anunciaba a decisión a través das redes sociais ca seguinte mensaxe:

AVANTAR ACTIVIDADES

“C.D. ARENTEIRO DESPÍDESE DE FRAN JUSTOO

O próximo destino do primeiro adestrador será o C.D. Lugo de La Liga SmartBank – Segunda División .Fran Justo deixa a disciplina do C.D. Arenteiro e pon rumbo ao C.D. Lugo, tras conversas entre ambos os clubs onde chegaron a un acordo. O segundo adestrador, Millán, tamén o acompañará nesta nova etapa. Dende o club, só podemos dar mostras de agradecemento a estes dous profesionais, que acompañaron a todas as vitorias e tamén derrotas do Arenteiro nestas últimas 3 temporadas. Conseguimos xuntos os únicos títulos nacionais do C.D.A. : campións da 3ª división nacional e gañadores da Copa Federación.Con vós comezou unha gran viaxe. A vila do Carballiño tinguiuse completamente de verde e vós fóstedes capaces de transmitir a vosa ilusión e motivación a todos nós. Sempre quedaredes no recordo, sodes historia do C.D. Arenteiro e por suposto as portas da nosa casa permanecerán máis que abertas para vós.Con orgullo, despedímonos, sabendo que marchades para medrar na vosa carreira e conseguir novos logros. O camiño non acaba aquí, seguiremos ben ledos a vosa traxectoria cos nosos compañeiros galegos.Grazas por facernos soñar, C.D. Arenteiro”.