A trastenda dos contos trae este venres ao anfiteatro da Veracruz, con aforo limitado, a representación de contos a pé de rúa, para un público familiar

A concellería de Educación, a través do programa Apego, organiza este venres, 17 de xullo, ás 20,00 h., no anfiteatro da Veracruz unha actividade de interese para asistir en familia, e que terá lugar con aforo limitado e cumprindo todas as medidas de seguridade e prevención  polo covid 19. Así, o recinto estará vallado e desinfectado, haberá hidroxel para desinfectar as mans e deberanse usar máscaras.

Trátase de Contos a pé de rúa que representa a compañía A Trastenda dos Contos, e que ten unha duración de 60 minutos.

AVANTAR ACTIVIDADES

É unha actividade participativa na que a Trastenda dos Contos saca os  bártulos á rúa e monta o seu particular mercadiño dos contos cun espectáculo idóneo para o público familiar. .

SINOPSE:

Un particular barrendeiro municipal chega á praza para acometer a súa función pública co mellor dos ánimos. Ante a contrariedade de atopar a praza chea de xente colga durante un intre a súa escoba de xestas e disponse a compartir istorias xogos e cantigas coas que facer participar activamente ó público presente.

Caxoto Contacontos seleccionará entre o seu amplo repertorio de contos aqueles que máis se axeiten ó público e ó lugar presente intercalando entre medias xogos e cantigas coas que involucrar a toda a familia.