Con motivo deste novo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Ribadavia, para erradicar calquera tipo de maltrato sobre as mulleres, os seus fillos e fillas e achegados e achegadas, vítimas todas do machismo, xa que o maltratador leva por medio a quen considere con tal de que ela sufra, fan un chamamento á responsabilidade común, tanto de institucións como de cidadanía, no problema da violencia de xénero.
A alcaldesa, Noelia Rodríguez, facía públicas as seguintes palabras, como manifesto ante esta data:
“🟣 A liberdade, a seguridade e a integridade, son dereitos inherentes ao ser humano incuestionables e, como tales, non poden limitarse por circunstancias temporais ou espaciais nin tan sequera pender de ningún criterio, moito menos, pola condición de xénero.
🟣 As actividades que a continuación presentamos teñen como obxectivo concienciar á sociedade na loita Contra a Violencia de Xénero; as vítimas máis vulnerabeis; os nenos e nenas, testigos presenciais e vitimas tamén da violencia de xénero. Non cabe ningún tipo de negación desta cruel realidade e que no punto de mira de todos e todas só deben estar a liberdade, a seguridade e a integridade para todas as persoas”.
A programación para o día de hoxe é a seguinte:
▪️ 25N ás 13h. Lectura do Manifesto na Praza Maior.
▪️ 25N ás 18h. Obra de teatro, “ Ciencia que alimenta”, Casa da Cultura. De balde ata agotar localidades, dirixido ao público familiar e con temática sobre o empoderamento da muller.
▪️16-30Nov. Exposición Figuras e Carteis na Casa da Cultura, elaborados por as alumnas/os do IEA RIBEIRO.
▪️ Lanzamento mensaxe dos nosos maiores; coa participación dos residentes da Fundacion Nos Anxos e Casa do Maior Aloumiño.
▪️ Iluminación Violeta do Castelo dos Sarmiento e fonte da alameda.
Tamén fixeron un vídeo en colaboración cos maiores do concello: