San Amaro recibirá unha subvención para a súa Festa Céltica

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Rosendo Fernández (Vicepresidente 1º da Deputación de Ourense); César Fernández Gil (Vicepresidente 2º da Deputación de Ourense); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).

A Xunta  de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, concedeu un total de 362.000 euros en axudas para a execución de obras e a prestación de servizos municipais, así como tamén para cooperación empresarial.

No apartado da colaboración coas entidades locais, a mancomunidade Terra de Celanova recibirá 50.000 euros para gastos de funcionamento; o Concello de Xinzo de Limia disporá de 12.000 euros como axuda para a recente asistencia da banda de gaitas municipal ao XXIV Festival Internacional de Strakonice, en Chequia; Castrelo do Val contará con 48.000 euros para a pavimentación da rúa Igrexa; e o Concello de Oímbra terá dúas achegas: 30.000 euros para a adquisición dun vehículo todoterreo e 11.000 máis a Festa do Pemento deste ano. 

AVANTAR ACTIVIDADES

As subvencións aprobadas en cooperación local complétanse con 48.000 euros para obras de pavimentación en camiños municipais de Paderne de Allariz; 40.000 a favor de Parada de Sil para a compra dun brazo rozadoira; 41.000 para A Peroxa con destino á humanización de vivendas sociais, no marco do Plan Hurbe; 20.000 para San Amaro con motivo da súa Festa Céltica; e 12.000 euros ao Concello de Vilar de Santos para gastos de funcionamento do Museo da Limia.

Na sesión de hoxe, a Xunta de Goberno tamén concedeu unha subvención de 50.000 euros á Asociación Empresarial de Valdeorras para gastos de funcionamento e proxectos correspondentes a este ano.