Comunicado de Asdifica en defensa dunha traballadora increpada por unha persoa do grupo de goberno

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

COMUNICADO DE ASDIFICA

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende Asdifica queremos poñer en coñecemento dos medios a situación vivida por unha das nosas traballadoras. Debido a unha recente entrevista na que a nosa voceira expresaba a nosa situación respecto ó local polo que levamos anos esperando e pregando axuda ó concello, o pasado martes 22 de novembro, unha persoa do grupo de goberno acudeu ó posto de traballo dunha das nosas compañeiras para increparlle polo que dixera na entrevista, alegando que iso non é certo, que xa tiñamos local e que se retractase do que dixo.

A verdade de todo isto é que temos un local apalabrado e en proxecto, pero aínda non temos ningún papel oficial, polo que a nosa traballadora se mostrou disconforme a retractarse, xa que non dixera nada que non fose certo. Nese momento dita persoa con moi malas formas preguntoulle quen se creía que era ela, ó que a nosa traballadora respondeu pedíndolle que fixera o favor de abandonar a nosa oficina.

Dita persoa negouse a marchar respaldándose no seu cargo no concello e exhibindo unha prepotencia e chulería indebidas nun cargo municipal.
Dende a directiva esiximos que pida desculpas e que a partir de agora calquera comunicación ca asociación se faga por escrito directamente con algún membro da directiva.
Manifestamos todo o noso apoio á nosa compañeira