Sete locais de hostelería retoman a ‘Ruta das Tapas’ con pratos de outono

A Ruta das Tapas volta este venres cun formato renovado e cunha adicación específica aos pratos de Outono e coa participación dun total de sete establecementos de hostalaría. Esta iniciativa foi presentada polo alcalde, Francisco Fumega, e a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares.

Co punto de partida do pasado venres, día 1, e con remate o vindeiro día 15, as persoas que consigan degustar as sete tapas en cada unha das rutas, unha por cada estación do ano, entrarán no sorteo dun premio. O custo de cada tapa será de tres euros e poderán desfrutarse en horario de 20:00 horas a 23:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES