O PG presenta a Agrupación Local en Vigo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Galego presentou este sábado a persoa que se vai encargar da Secretaría Local
Beatriz Estévez, avogada e nada en Vigo, é membro da Executiva Nacional do PG coa área de Servizos Públicos que se encargou de abrir e presentar o acto de medios.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Secretario Xeral Maxi Vázquez, apuntou unha serie de iniciativas:
• Á necesidade dun cambio no fondo e na forma de facer política, preciso para ser o mecanismo que artella a democracia e para que a sociedade perciba a utilidade da mesma para solventar problemas e aportar valor ao cidadán.
• Vigo como alicerce da política galega polo seu grande peso poboacional e económico no País.
• Actuacións políticas en Galicia con repercusión nun mundo interconectado. Unha visión holística da nosa realidade como pobo nunha realidade poliédrica.
.
Pola súa banda o Presidente Xosé Mosquera fixo unha reflexión en prol da defensa da nosa pesca con convicción e con tesón. Vigo e Galicia non aceptan estas restricións da Unión Europea.
Impulsaremos nos dous lados da fronteira unha intensa actividade co Norte de Portugal. Somos unha Eurorexion Europea e iso ten que notarse cada día nos intercambios comerciais.

Na presentación da Agrupación Local, interveu o novo Secretario Local, César Pazos,
Indicou que a poboación está anestesiados nun estado do benestar, precisamos de xente con inquedanzas como os equipos formados polo PG.
Recollemos as esencias do galeguismo histórico, por iso consideramos que o Partido Galego representa a herdanza política do Partido Galeguista.
Imos ter moi en conta primar a sociedade do esforzo e superación, persoas inquietas e transformadoras da sociedade. Abrir un proceso de coñecemento e darnos a coñecer en Vigo, e expoñer un programa económico para Vigo e para Galicia.
Tomar como referencia as economías de países similares ao noso, Escocia, Irlanda, Euskadi