A formación de Espazo Común pedirá un Plan de Xestión do Persoal Municipal

“Cualificar de errática e caótica a política de persoal do actual goberno do Carballiño resultaría excesivamente xeneroso.

A xestión dos recursos humáns dunha administración son fundamentais por incontables razóns: operatividade, eficiencia e, sobre todo, porque é no que se fundamentan os servizos que reciben os cidadáns.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pleno tras pleno, dende os diferentes grupos da oposición facemos prantexamentos e propostas en positivo para tentar mellorar as moitas e fondas eivas que nos trasladan os usuarios das diferentes áreas municipais.

A reacción do grupo de goberno é a de sempre. Lonxe de recibir estas coma algo construtivo, reaccionan con airadas e altivas atitudes e a conseguinte acción soe ser incidir aínda máis nos erros e acentualos. Ese orgullo absurdo que domina moitas das súas accións e que tanto perxudica a esta institución.

Poderíamos encher folios e folios enumerando exemplos e, polo tanto, os motivos que impulsan a presentación desta moción:

-A absurda e arbitraria xestións das horas extra, nas que se gastan milleiros de euros de forma incomprensible e favorecendo sempre aos mesmos a pesares do informe negativo perenne do interventor.

-A non cobertura de prazas vacantes creadas na RPT do ano 2018 a pesares de estar estas dotadas económicamente e das advertencias constantes dos técnicos da súa necesidade.

-A non substitución de traballadores con baixas prolongadas.

-A perda ou, o que é peor, devolución de subvencións por non querer facer chamamentos das listas de contratación existentes.

-O desmantelamento das brigada para así poder privatizar ata o derradeiro servizo deste Concello.

-A non convocatoria da Mesa de Negociación Sindical obrigatoria para o cumprimento dos acordos reguladores do persoal.

En resumo, unha dexeiva sen control da que pagan as consecuencias os veciños e veciñas do Carballiño cando precisan resolver algún asunto no que teña que ver o Concello.

Dá a sensación de que ao actual goberno pásalle cunha parte do persoal municipal o mesmo que lles pasa cunha parte da oposición, que lles sobra.

Dende Espazo Común consideramos que unha administracións seria e do tamaño do Concello do Carballiño non pode funcionar en virtude de ocorrencias e caprichos persoais ou partidistas polo que consideramos que xa é hora de trazar unha liña de acción seria e coherente que mellore sustancialmente este apartado.

Visto todo o anteriormente comentado,                                                               

                                                                  SOLICITAMOS

  1. Que se convoque de xeito urxente unha Mesa de Negociación Sindical para resolver as eivas prantexadas nesta moción.
  2. Que se elabore por parte da Alcaldía un Plan de Xestión do Persoal Municipal para os vindeiros anos que garanta un óptimo funcionamento dos servizos municipais“.