A Ourense ICC Week clausura a oitava edición coa escritora Ana Iris Simón: “descubrí que a creación é colectiva, ser escritor é roubar a todo o mundo”

IES CHAMOSO LAMAS

A última xornada da oitava edición da Ourense ICCWeek pechou esta tarde a súas portas coa participación da xornalista e escritora Ana Iris Simón, en colaboración co Foro La Región

A autora do libro “Feria”, recentemente traducido ao alemán, foi presentada polo sociólogo ourensán Iago Moreno. Simón anunciou que “en Ourense pecho o ciclo de ‘Feria. E tamén é a primeira vez que presento o libro en Galicia”

OZOCOgz Deseño Galego

A historia que contén o libro “Feria”, da autora Ana Iris Simón, foi esta tarde a protagonista da última xornada da oitava edición da Ourense ICC Week, nunha conferencia en colaboración co Foro La Región.

Foi presentada polo sociólogo e analista cultural ourensán Iago Moreno, ademais amigo persoal da escritora. Asegurou que neste libro “se fala de soños dunha xeración, de certos sentimentos e dúbidas de cara ao futuro. Ana Iris transita polos recunchos da súa infancia contando unha intensa historia”.

Ana Iris Simón, quen anunciou que con esta presentación pecha o ciclo de “Feria”, sinalou que “estou feliz de facelo en Ourense. Atopei moitas coincidencias entre Galicia e La Mancha, como a maneira de afrontar a morte e a importancia do matriarcado”. A escritora e xornalista contou como o libro xurdiu “dun encargo para a revista que escribía (Vice)” e confesou coma “de pequena intuía que dicir que a miña  familia era feirante non estaba ben visto e dábame vergoña dicilo”.

Narrou coma xurdiu o libro e a decisión de facer unha radiografía sobre os feirantes e a especial maneira de vivir. A escritora contou o desenrolo da construción do traballo “foi a través das conversas coa miña editora, Eva (de Círculo de Tiza)” e explicou que ao final o proxecto acabou sendo “algo orgánico e case unha biografía sobre a miña familia”.

Entre as cousas que aprendeu, destacou Ana Iris Simón, que “se falamos de libros parece que é algo totalmente individual. Eu descubrin que é unha creación totalmente colectiva. É un roubo, eu roubeino a miña familia, dende as lembranzas ata a morte da miña avoa”. “Ser escritor é roubar a todo o mundo”, sinalou Ana Iris Simón.

Outra cousa das aprendidas co libro pola escritora foi que “as condicións materiais nas que fas este traballo importan e condicionan tanto a maneira de escribir coma a maneira de ver o mundo”. Tamén resaltou a importancia de “saber para quen estás escribindo e eu non o sabía. Agora xa o sei”