A Plataforma Pro Campus lamenta que as sedes físicas das Axencias Nacionais de Intelixencia Artificial non veñan para Ourense

O Consello de Ministros do Goberno de España acaba de comunicar que as sedes físicas das Axencias Nacionais de Intelixencia Artificial e Espazo serán A Coruña e Sevilla, respectivamente. Vaian por diante as nosas felicitacións ás candidaturas escollidas. Con todo, as decisións adoptadas polo Consello de Ministros envían unha mensaxe extremadamente pobre á España Baleirada da que desgraciadamente Ourense forma parte e, como tal, deben ser valoradas desde Ourense en termos moi negativos.

Agradecemos de novo todos os esforzos que fixeron posible que finalmente Ourense puidese concorrer a estas convocatorias e só quédanos esperar que máis pronto que tarde se inicie no noso país unha nova era que termine co círculo vicioso no que a España Baleirada está atrapada por un modelo de Estado Autonómico que en 40 anos non ofreceu respostas satisfactorias a sitios como Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES