A carreira solidaria do Arenteiro incorpora dúas modalidades de ruta o vindeiro domingo

O domingo día 11 de decembro celebrarase un ano máis a carreira solidaria do Arenteiro, que este ano alcanza a súa 13ª edición. O prazo de inscrición segue aberto ata mañá ás 11:00 horas, para todos os que queiran participar, que poderán facelo a través da páxina www.championchipnorte.com.

A xornada dará comezo ás 11:00 horas, dende a Praza da Veracruz. Terá dous percorridos, para adaptarase a todos os participantes. Un deles será de 5 quilómetros, e outro máis longo de 10 quilómetros e contará con máis de 500 participantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este evento deportivo, como cada ano, terá como fin solidario a recadación de alimentos destinados á axuda familiar que realiza Cáritas e a Fundación San Vicente Paul do Carballiño.

A Fundación San Vicente Paul e Cáritas do Carballiño atenden a día de hoxe a 250 familias, o que supón unhas 600 persoas. Para este evento solidario pídense sobre todo alimentos non perecedoiros.