O BNG denuncia a “incompetencia do goberno Ourensán por non xestionar as axudas a hostalaria e comercio

Resulta significativo que o alcalde non nos dixera aos grupos que tipa pensado asinar un convenio coa federación de hostalaría e comercio, máis agardamos que teña a deferencia de convocar aos/ás portavoces para abordar o modo e maneira en como se van repartir os bonos. 

O Portavoz nacionalista e candidato á alcaldía Luís Seara lembra que, “nos últimos meses mantivemos até dúas reunións convocadas polo alcalde para abordar esta cuestión e en ambas non se nos ofreceu ningún borrador nin ningún documento base sobre o que poder traballar, quedando emprazados a un novo encontro no que xa se nos presentaría unha proposta concreta.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde a formación nacionalista recordan que sempre se amosaron partidarios de artellar un mecanismo que permitise inxectar liquidez non soamente no sector hostaleiro senón tamén no tecido comercial do concello para estimular a economía local pero advertindo da necesidade de fixar unha serie de criterios claros que permitan que ditas axudas  cheguen ao maior número de establecementos posibles.

Deste xeito, desde o BNG avogan pola determinación dun límite de cantidade de gasto por local e dun límite por sector de actividade para evitar o acontecido coas axudas a libros e nas que unha soa libraría acaparou ao redor do 70% das mesmas. Tamén piden, entre outras, ter en conta a renda das persoas beneficiarias.

Luís Seara entende que “a incapacidade e incompetencia do actual rexedor fai que aínda esteamos a falar agora das axudas á hostalería e comercio cando hai dous anos que se tiñan que ter posto en marcha”. Aínda así, no BNG afirman que “seguiremos traballando para mellorar as Bases da convocatoria, para que se garanta un reparto xusto e equitativo das axudas e para que cheguen ao maior número de establecementos do concello”.