José Luis Mosquera e Adrián Castro triunfan no Campionato Galego de Montaña de históricos

Os carballiñeses José Luis Mosquera e Adrián Castro conseguen o título do campionato galego de montaña na categoría de históricos RS80. Logran este título tras un campionato composto por sete carreiras que transcorreron por diversos sitios da nosa comunidade e logran seis podios.

Os subcampións foron José Luis Serantes e José Martínez Madaleno, tamén carballiñeses. A gala de campións deste ano celebrarase por primeira vez no Carballiño. Terá lugar o 4 de marzo de 2023 no Auditorio Manuel María.

AVANTAR ACTIVIDADES