O DOG publicou no seu número 131 a ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311E).
Persoas beneficiarias: Alumnado que cursou durante o ano académico 2021/22 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e mereza un especial recoñecemento pola dedicación e polo esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural.
Adxudicaronse Vinte (20) premios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1000 €
Unha das premiadas foi Sandra Vázquez Estévez alumna do IES Nº1 do carballiño
Comunicado do IES Nº1
Parabéns Sandra!!Despois dun gran sacrificio viches recompensado todo o teu esforzo. A comunidade do IES N1 estamos ledos pola noticia do recoñecemento que a Xunta fixo nestes días xunto con 19 alumnos de Galicia que obtivestes o título de ESO con moita dificultade engadida…adeus ás barreiras e ola á ilusión. Parabens!!!
Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal | Consellería de Cultura, Educación e Universidade
http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/32079