Este domingo 18 de decembro celébrase o #Campeonato Xunta de Galicia de #mushing terra no Concello de Boborás.
Trátase dunha carreira de cans que se celebra con anos de tradición. A proba terá dous percorridos, un para participantes adultos (5,5 quilómetros) e outro para participantes júnior e infantil (2,5 quilómetros). Constará das categorías BikeJorin/Patín, DR 4 e Canicross e comezará ás 10:00 horas.
O circuíto onde terá lugar a carreira está situado preto do depósito de auga de Boborás.