O Club de patinaxe Aehde celebra este venres no Paco Chao a súa gala de Nadal

O Club Patinaxe Aehde O Carballiño pon o broche ao ano 2022 coa súa tradicional  Gala de Nadal. Unha cita, a celebrar o venres dende as 19.30 horas no anexo do pavillón Paco Chao do Carballiño, na que tomarán parte os dous grupos da escola de patinaxe artística do club, formando por nenas e nenos de corta idade que se adentran no mundo desta disciplina deportiva, e o equipo de competición do club, tanto da modalidade de libre individual como colectiva co grupo de show, vixente subcampión galego, e o preshow.

Ademáis da parte deportiva, o club tamén lle quere dar a este acto de fin de tempada, un carácter social e festivo. Por iso recollerá alimentos non perecedeiros a favor de Cáritas O Carballiño, instala un buzón real para que os nenos podan facerlle chegar as súas cartas a Papa Noel e organiza un concurso de casas de Nadal entre as familias que forman parte do Club Aehde. A maiores, haberá sorteos non faltará a tradicional visita de Papa Noel na súa versión patinadora y como apunte final, desvelarase o primeiro dos segredos do décimo aniversario do club carballiñés que se celebrará ao longo do 2023. A entrada é libre ata encher o aforo no recinto.

AVANTAR ACTIVIDADES