Ciclo de Nadal de cine infantil organizado polo Cine Club

Este Nadal, como xa ven sendo tradicional os últimos anos, organizamos un pequeno ciclo de tres películas dirixidas aos máis cativos, e non tanto.

Empezaremos o día 27, martes, coa proxección do que posiblemente foi o filme de animación mellor desta tempada, Encanto, gañadora do Oscar e dos Globos de Ouro ao mellor filme de animación, entre outros moitos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Considerada pola crítica como a mellor producción de Disney dende fai anos, cun excelente diseño visual e unha magnífica banda sonora. Un filme perfecto para ver en familia. 

Continuaremos o día mércores 28 con outra película norteamericana de animación, Clifford, el gran perro rojo, dirixida sobre todo aos máis pequenos da casa. E pecharemos o ciclo o xoves 29 cunha estrea recente, a película de animación luxemburguesa,  Ícaro y el minotauro, que nos achega a coñecida historia da mitoloxía grega dun xeito lúdico e divertido. 

Todas as proxeccións serán no auditorio Manuel María do Carballiño en horario de 18:00 horas, e a entrada terá un custo de 3 euros.