O Grupo de Emerxencias de Ribadavia suma máis dun milleiro de operativos en 2022

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Ribadavia fai un balance do pasado ano 2022 e das actuacións levadas a cabo. Foron 1.250 operativos e servizos rexistrados no CIAE112 Galicia e correspondentes os concellos de Arnoia, Beade, Carballeda, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Toén, Padrenda, e Ribadavia na zona de
intervención ademais de Crecente – Filgueira, e a Cañiza.

Por unha banda, foron 86 accidentes: 2 accidentes laborais, 40 accidentes sen feridos, 41 accidentes con feridos, 3 accidentes con excarceración de persoas. Un total de 74 intervencións con animais soltos, como corzos, cabalos, ovellas, ourizos, serpes,
vacas, sobre todo cans. Tamén houbo un gran número, 148, de actuacións contra a vespa velutina e a colocación de trampas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén estiveron en 118 incidencias en estradas e vías públicas nas que tiveron que retirar árbores baches, retirada de combustibles e aceites, pancartas/sinais de tráfico, restos de accidentes, restos de tellados ou edificios, terra/pedras, placas de xeo, vehículos avariados e dous verquidos de augas terrestres.

Na estrada tamén acudiron a 16 avisos por incendios en vehículos (4 falsas alarmas por avarías mecánicas). E nas contornas 58 incendios forestais, vixilancia de perímetros de zonas queimadas, dous incendios industriais e nove doutros tipos como colectores, tren, palleiras…etc e un total de 23 avisos por incendios urbanos (4 falsas alarmas).

En canto a Protección Civil, atenderon 464 operativos que van dende atención a persoas de acollida, baldeos, mantemento da estación meteorolóxica, corte de acacias, búsqueda
helibalde no Miño, rego de xardineiras, eventos de festas e actividades culturais (Mostra, día da Bici. Cross, Carreira popular, Carrilanas, Entroido, actividades do Nadal, Noite Meiga, Feira do viño, Festa da Istoria, Folclore internacional, etc).

Tamén foron 102 servizos por prevención de riscos: limpeza permanente, de follas e arrastres, de sumidoiros, sinalizacións zonas de risco inundables, medicións por posibles escapes de gas, sinalización de estruturas danadas, tubaxes atrancados.

Tamén no eido sanitario serviron de apoio a persoas caídas na casa, mover pacientes, apoio ó helicóptero de urxencias sanitarias, 24 servizos por alerta epidemiolóxica, apoio en cribados, desinfeccións nas actividades do Nadal e 3 búsquedas peroas desaparecidas.