A Ruta das Tapas deste venres estará adicada ás tapas de reis

Esta mañá, no café bar Pituxo do Carballiño, tivo lugar a presentación dunha nova xornada da Ruta das Tapas, adicadas neste mes de xaneiro ás tapas de reis. Serán de novo 13 locais de hostalaría os que participan na iniciativa o primeiro e segundo venres de mes. O concelleiro de turismo, Manuel Dacal, recordou que os premios desta edición serán de 1+14 amigos, desfrutando de experiencias gastronómicas cos tres colaboradores: Pazo Tizón, Estrella Galicia e a Asociación de Pulpeiros.

O Centro Comercial Aberto colabora unha vez máis ca iniciativa e tamén outras entidades como os viños Pazo Tizón, tamén presentes hoxe.

AVANTAR ACTIVIDADES

En representación dos hostaleiros, o anfitrión de hoxe animou a todos a participar nesta nova edición. A continuación amosámoslles cada unha das tapas que poderán degustar mañá venres.