Manuel Baltar: “A maquinaria do PPdeOU está perfectamente engraxada para obter uns resultados históricos o vindeiro 28 de maio”

O presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, presidiu esta tarde a primeira Xunta Directiva deste 2023, “un ano de eleccións municipais e para que o PPdeOU ten a maquinaria perfectamente engraxada para obter uns resultados históricos o 28 de maio”, resaltou Manuel Baltar.

A Xunta Directiva celebrouse na sede provincial do Partido Popular de Ourense, coa presenza, entre outros, do presidente provincial do PP de A Coruña, Diego Calvo, e a ourensá Natalia Prieto.Na súa intervención, Manuel Baltar avanzou que a porcentaxe de renovación dos candidatos populares sitúase arredor do 30%: “As cabezas de lista iremos facéndoas públicas dun xeito progresivo, dentro da estratexia do PPdeOU. Serán 92 candidaturas moi potentes, sempre con programas adaptados a cada unha das realidades locais e cun programa electoral provincial, que será o Plan de Mandato da nosa provincia para os próximos catro anos”. 

AVANTAR ACTIVIDADES