Marina Ortega do grupo socialista lamenta que o goberno galego non responda ás demandas das familias con fillos con discapacidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Marina Ortega resalta que hai unha gran diferencia para as familias entre os dous modelo de xestión e esixe ao executivo que responda ás mesmas se terá xestión directa ou non

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023.
A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, lamenta que a o goberno galego non responda ás demandas das familias con fillos con discapacidade ao non aclarar se terá xestión directa ou non o futuro centro de atención á persoas con discapacidade, única provincia que carece dun centro de titularidade pública destas características.

                                     
A responsable socialista reclamoulle á Xunta sen éxito que atenda ás familias e lle de explicacións ante unha situación de gran dificultade para elas ante a dúbida de se terán protexidos aos seus fillos no futuro. “As familias precisan saber que cando non estean, os seus fillos e fillas con discapacidade van a estar ben coidados pola administración”, alegou Ortega.

Recordou que no último pleno levaron as inquedanzas das familias directamente á responsable de Política Social do goberno galego sobre se a xestión sería pública ou privada, ante a falta de resposta, Ortega recorda que “ser sinceros á cidadanía é moito máis fácil e de balde” que as voltas que está a dar o executivo galego para non aclarar este asunto.

 
Marina Ortega levou así ao Parlamento as demandas das familias de persoas con discapacidade e dependentes, agrupadas en torno á Plataforma ProCapd Ourense para reivindicar unha necesidade urxente que “semella un espellismo que non acaba de chegar nunca”. Lembra que tódalas forzas políticas asinaron o dito compromiso en 2016, pero que unicamente o PP se descolgou do acordo en 2019, cando se negou a reeditar o acordo.                                                        

Hoxe fan, dixo, “sete anos de promesas incumpridas” nos que as familias estiveron reivindicando un centro fundamental para garantir os mesmos dereitos dos seus fillos e fillas, e fundamental para asegurar o éxito do tránsito “complexo e delicado” destas persoas da etapa educativa á vida adulta.                                                                             
 
Lembrou que Galicia é unha das comunidades autónomas que menos invisten por persoa potencialmente dependente de toda España, cun goberno que “esconde case 10.000 persoas solicitantes de axuda á dependencia” para “ocultar a verdadeira lista de agarda insoportable para as familias de persoas con dependencia e discapacidade”.      A portavoz socialista concluíu recalcando que “a importancia do tipo de xestión neste centro, nace da preocupación que teñen os pais de saber en que situación quedarán os seus fillos e fillas cando eles non estean” xa que moitos deles teñen grandes dependencias, remarcando que “non se está a falar da xestión das augas ou o servizo de recollida de lixo nun concello”, senón “da xestión dun centro que se adicará aos coidados de persoas cunha discapacidade ou gran dependencia”.