Espazo Común Galeguista celebrou o seu mítin electoral no Carballiño

A formación de Espazo Común Galeguista de Ourense, liderada polo carballiñés Pachi Vázquez, celebrou o seu mítin de campaña onte na Casa da Cultura do Carballiño. A formación preséntase por vez primeira á Xunta de Galicia como alternativa do cambio, como coalición de cinco partidos políticos, que xa teñen presenza dende fai varios anos en diversos concellos galegos, e que aspiran a conseguir representación no Parlamento Galego. 

Aseguran que a súa política é de rúa, con propostas realistas que a xente precisa, non con propostas que non se poden facer realidade, segundo eles afirman. Aseguran que son un partido que ven desde abaixo, nacendo dos concellos, e que buscan poñer solución as demandas máis básicas da cidadanía do día a día.

AVANTAR ACTIVIDADES

NOTA DE ESPAZO COMÚN SOBRE O MITIN: