Gabriel Alén louva a colaboración co Inorde na promoción do xeodestino Celanova – Xurés

  • O delegado territorial destacou que o coñecemento e a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico é unha necesidade da nosa sociedade para conseguir un desenvolvemento sostible
  • “Aquí a historia vai da man da natureza -recoñecía  o representante do Goberno galego-  e ambas están sometidas ao capricho da auga. Por iso, aquí sempre é imprescindible facer referencia ao gran espazo natural situado neste territorio: o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés”
  • Gabriel Alén manifestou que dende a Xunta de Galicia mantemos a colaboración coas entidades xestoras dos Xeodestinos na creación de produtos e paquetes turísticos co obxectivo de impulsar a recuperación do sector no ámbito local e o fomento do turismo rural
  • O delegado territorial quixo tamén felicitar expresamente a INORDE pola realización de accións de comercialización que incrementen a notoriedade do destino

Ourense, 20 de xaneiro de 2023. “O coñecemento e a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico é unha necesidade da nosa sociedade para conseguir un desenvolvemento sostible”. Principiaba así a súa intervención o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na presentación  do Xeodestino Celanova – Xurés esta tarde no stand de Galicia en Fitur.

“Aquí a historia vai da man da natureza -recoñecía  o delegado territorial-  e ambas están sometidas ao capricho da auga. Por iso, aquí sempre é imprescindible facer referencia ao gran espazo natural situado neste territorio: o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Gabriel Alén manifestou que dende a Xunta de Galicia mantemos a colaboración coas entidades xestoras dos Xeodestinos na creación de produtos e paquetes turísticos co obxectivo de impulsar a recuperación do sector no ámbito local e o fomento do turismo rural.

A finalidade da colaboración esixe que este investimento se dirixa á promoción turística, centrándose na creación ou consolidación dun produto turístico, comercialización e promoción, implantación de novas tecnoloxías, formación e elaboración do plan estratéxico ou de actuación.

A colaboración con Xeodestinos a través de convenios de colaboración é parte esencial da política de xestión e desenvolvemento turístico de Galicia a nivel subrexional, favorecendo o desenvolvemento turístico das administracións locais e facendo fincapé en que asume o turismo como actividade económica fundamental.

Ademais, os concellos que integran os Xeodestinos tamén reciben achegas do Turismo de Galicia en atención á conservación, mantemento ou posta en valor dos seus recursos turísticos; subvención para a contratación de persoal nas oficinas de turismo dos concellos turísticos ou Xeodestinos ou axudas a aquelas que teñan declaradas Festas de Interese Turístico.

O delegado territorial quixo tamén felicitar expresamente a INORDE pola realización de accións de comercialización que incrementen a notoriedade do destino, como a súa participación en Xantar cun stand propio para promocionar os recursos da zona; a promoción da campaña <<Escolle a túa aventura>> en Braga e Vigo para atraer potenciais visitantes nestes mercados locais e a guía gastronómica dixital <<restaurentesourense.com>>.

Dende a Xunta de Galicia mantemos a colaboración coas entidades xestoras dos Xeodestinos na creación de produtos e paquetes turísticos co obxectivo de impulsar a recuperación do sector no ámbito local e o fomento do turismo rural.

Gabriel Alén destacou algunhas actuacións e iniciativas levadas a cabo por Turismo de Galicia, como: Cascadas de Galicia, Plan de Sostibilidade Enogastronómica, Beyond Sunset, o último solpor de Europa Continental, Novidades do tren turístico 2023, promoción das Festas do Viño e da Gastronomía. de interese turístico nacional e internacional, Un Ano de Festas… entre outras iniciativas da Xunta de Galicia, como Experiencias de Calidade, Oito Monumentos Naturais de Galicia, Amárrate a Galicia. Por outra banda, o Clúster do Turismo de Galicia luce diariamente a súa marca Galicia Sustainable Destination e destacará a culminación dos seus dez anos de existencia. Outras entidades presentarán os principais recursos, os seus eventos especiais para 2023, plans de sustentabilidade, gastronomía e novas actuacións no ámbito turístico.