O PSOE do Irixo reclama maior transparencia municipal

O PSOE do Irixo pide unha maior transparencia por parte do concello. Fano através do seguinte comunicado:

“O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta que o goberno municipal do Irixo co alcalde a cabeza basase na propaganda e a falta de transparencia máis absoluta mentres despilfarra o diñeiro público

AVANTAR ACTIVIDADES

Lamentan os socialistas que mentres os pobos do Irixo esmorecen coa falta de servizos básicos o alcalde do Irixo salte de festa en festa como o xogo da oca e cada día festexa porque lle toca.

Lamentan os socialistas que o alcalde do Irixo se especializase en festas e propaganda que nada aportan a calidade de vida da veciñanza e dos pobos do Irixo pero si gastos que poderían ser destinados a outras actuacións, sobre todo a cubrir a falla de servizos básicos nos pobos.

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia ademáis a falta de transparencia do goberno municipal non dando acceso os expedientes e as facturas do concello dende fai mais de 5 meses.

Mentres o alcalde anda de festa en festa nega o acceso para que os socialistas coñezan como se gastou ou despilfarrou o diñeiro público do concello. Non deixa ver entre outros, os expedientes;

– Xustificantes/facturas da conta xeral do ano 2021.

– Compra/venta de castañas e comercialización, fabricación de fariña, etc.,

– “Feira do Tellado” e “Festa do Cabalo” 2022.

– “Marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”.

– Programación e/ou concertos, actuacións e/ou actividades verán 2022.

– Contratación de persoal do concello.

– Obradoiro de emprego.

– E os expediente de diferentes obras e gastos, entre outros…”