O Pleno de Ribadavia solicítalle á Deputación unha Auditoría do servizo da auga

Ribadavia solicita a Deputación Provincial a realización dun estudo da rede de abastecemento e saneamento para detectar as necesidades máis urxentes de investimento na auga municipal.

Despois de que a crise climática do pasado verán destacara os grandes problemas estruturais da rede municipal de auga, agora é o momento no que o Concello lidere e sinale os investimentos que as administracións superiores con competencias na materia deben realizar en Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Deputación Provincial ostenta a importante función asistencia técnica, xurídica e económica a todos os concellos da provincia, incluído o de Ribadavia. Neste sentido, a Deputación debería colaborar máis co noso concello en todos os eidos.

Solicitan que a Deputación, a través dos servizos técnicos do Servizo de Medio Ambiente, realice unha auditoría do Servizo de Abastecemento e Saneamento Municipal de Ribadavia, co obxectivo de sinalar os principais investimentos necesarios na rede de abastecemento e saneamento, e que deben ser rexistrados nun novo Documento Público do Concello para unha nova xestión municipal da auga, así como un novo requirimento as administracións públicas con competencia na materia.

No momento actual, no que a autorización para unha nova captación no río Miño está máis avanzada ca nunca, e no que o sistema de captación provisional no río Avia garante que nunca máis Ribadavia volva sufrir unha crise como a do pasado verán, agora é o momento de detectar e sinalar os puntos negros máis urxentes a corrixir na rede municipal de auga, tales como: zonas de baixa presión crónica, zonas da rede con tubaxes obsoletas, situacións de todas as EBAR (Estación de Bombeo de Aguas Residuais), incluídas das que non están dentro do Contrato da Empresa Concesionaria, así como da depuradora, situación das demais instalacións da rede, zonas críticas onde as augas pluviais e residuais ocasionan un inadecuado tratamento, por exemplo nos temporais, e por suposto, a situación da actual planta de abastecemento, e a nova captación no río Miño, de acordo ao proxecto xa existente no Concello.

A auditoría do servizo é o paso necesario para redactar un novo prego de condicións da auga e saneamento municipal, o actual data de fai máis de 30 anos e atopase prorrogado. Polo que urxe comezar a detallar e sinalar as necesidades para recollelas nun documento técnico, e a partir de aquí, o Concello debe sacar un novo prego e decidir se fai un novo concurso, ou pasa a xestionar o servizo directamente, subrogando aos traballadores.

Así mesmo, desde o Concello recórdanlle á Deputación que tamén está solicitado polo Pleno, no mes de outubro, a petición de colaboración económica para que axuden a Ribadavia a costear a crise da seca sufrida no mes de agosto. Recordamos que administracións como a Deputación ten entre as súas obrigas axudar e colaborar con todos os concellos da provincia, tamén con Ribadavia.